Friday 03 de May de 2024

A galiña e o galo de Mos, protagonistas do Feirón do Mesón do Vento


Gran afluencia de público nas degustacións dos establecementos da zona

No Feirón da Adina que se celebrou hoxe no Mesón do Vento as galiñas e galos de Mos foron os protagonistas indiscutibles. Os exemplares destas aves que se puxeron á venta despertaron un gran interés entre o númeroso público que acudiu á nave de gando da localidade. Tamén causaron sensación as galiñas araucanas, orixinais de Latinoamérica, e sobre todo os seus chamativos ovos de cor verdoso polos que non pararon de preguntar maiores e nenos.
Pero o ambiente non só se concentrou na nave de gando e nas inmediacións, onde ademais de porcos e gando vacún tamén se puido adquirir carnes e embutidos, roupa, churros e doces, prantas ou sementes entre outras cousas. A degustación do galo de Mos e de tortillas feitas con ovos de galiña de Mos encheron os establecementos da zona de xente con ansias de probar estas receitas.